Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O concurso de fotografía, Cidadáns Europeos en Galicia: Miradas cara o futuro de Europa abre o prazo do 31 de maio

O concurso de fotografía, Cidadáns Europeos en Galicia: Miradas cara o futuro de Europa abre o prazo do 31 de maio

O centro de información Europe Direct do Concello convoca este certame conxuntamente co da Deputación de Coruña, co obxectivo de que os participantes presenten obras que simbolicen a Europa que desexan para o futuro.

As fotos deben enviarse ao correo cidadanseuropeosengalicia2021@gmail.com [1] dende onde serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso. Os gañadores serán publicados o 5 de xullo e recibirán unha tablet.

 
  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Xoves, 27 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concurso de fotografía, Cidadáns Europeos en Galicia: Miradas cara o futuro de Europa abre o prazo do 31 de maio

O centro de información Europe Direct do Concello de Lugo, situado no CEI Nodus, xunto co da Deputación da Coruña, convocan conxuntamente o VIII concurso de fotografía Cidadáns Europeos en Galicia: Miradas cara o futuro de Europa, co obxectivo de que os participantes presenten obras que simbolicen a Europa que desexan para o futuro.

O concurso de fotografía, esta aberto a toda a cidadanía residente en Galicia maior de idade, terá lugar do 31 de maio ao 23 de xuño de 2021. O lema do nesta edición é “Miradas cara ao futuro de Europa”. Ca finalidade de que os participantes presenten obras que simbolicen a Europa que desexan para o futuro, unha ocasión perfecta de dicir en que tipo de Europa queres vivir e de axudar a configurar o noso futuro.

Deste xeito, as obras poden versar sobre algunha das seguintes temáticas: cambio climático,  economía circular,  biodiversidade, contaminación 0, saúde,  vida saudable. Toda obra debe incluír un signo representativo da Unión Europea e debe estar incluído o hashtag #CidadansEuropeosEnGalicia.

Cada participante poderá presentar unha ou varias fotografías ou unha ou varias montaxes de fotografías, que serán orixinais, únicas e inéditas. As fotografías deberán enviarse ao correo electrónico cidadanseuropeosengalicia2021@gmail.com [1] acompañando o formulario de participación dende onde serán subidas de maneira automática á páxina de Facebook do concurso.

O xurado estará composto por 5 persoas: dous representantes de cada Europe Direct organizador e un experto en fotografía e para a elección das obras gañadoras teranse en conta os seguintes criterios: Adecuación á temática, calidade, orixinalidade e a mensaxe transmitida. Ademais de valorar tamén a mensaxe europea, a presentación artística e a aplicación pedagóxica do seu contido. Os nomes dos gañadores serán publicados na páxina web do concurso o día 5 de xullo de 2021.

O Centro de información europea Europe Direct-Lugo, subvencionado pola Comisión Europea a través da súa representación en España, é o lugar desde o que se ofrece á cidadanía en xeral información sobre os proxectos europeos implementados polo Concello de Lugo, así como todas as cuestións que teñen relación coas institucións europeas.

Documentos

  • Bases do concurso | Descargar pdf [2]
  • Formulario | Descargar doc [3]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concurso-de-fotografia-cidadans-europeos-en-galicia-miradas-cara-o-futuro-de-europa-abre-o

Ligazóns:
[1] mailto:cidadanseuropeosengalicia2021@gmail.com
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/gl_bases.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/gl_formulario.doc