Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello, unha vez concluído o proceso selectivo dos Inspectores de Policía, nomea aos aprobados funcionarios en prácticas

O Concello, unha vez concluído o proceso selectivo dos Inspectores de Policía, nomea aos aprobados funcionarios en prácticas

Os sete policías deberán pasar agora o curso de capacitación para a nova categoría na Academia Galega de Seguridade Pública.

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público,
    • Servizos xerais
Xoves, 18 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Personal do Concello de Lugo, unha vez concluído o proceso selectivo para os Inspectores da Policía Local, acordou nomear aos sete aspirantes aprobados como funcionarios en prácticas, cos dereitos e deberes que legalmente lles corresponden, situación na que desenvolverán o curso de capacitación para a nova categoría na Academia Galega de Seguridade Pública.

A superación do devandito curso constituirá requisito indispensable para acceder á condición de funcionario de carreira na nova categoría, segundo recolle o decreto asinado hoxe pola tenente de alcaldesa e concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos.

O Concello da por finalizado así un proceso selectivo que paralizou tras ter coñecemento do informe que foi presentado pola presidenta do Tribunal destas oposicións, maxistrada de profesión, e que, conlevou que, previa valoración dos servizos xurídicos municipais, o Concello, co obxecto de salvagardar a legalidade e o correcto desenvolvemento do proceso selectivo, o puxese en coñecemento da Fiscalía por se procedese abrir dilixencias co fin de pescudar se os feitos expostos puidesen ser constitutivos dalgún ilícito penal.

Unha vez que a Fiscalía se pronunciou tras non detectar feitos que puidesen ser constitutivos dalgún ilícito penal, o Concello continuou co proceso selectivo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-unha-vez-concluido-o-proceso-selectivo-dos-inspectores-de-policia-nomea-aos