Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello súmase un ano máis á Hora do Planeta e apagará hoxe a iluminación pública da Muralla, a Casa Consistorial e a Fonte dos Ranchos

O Concello súmase un ano máis á Hora do Planeta e apagará hoxe a iluminación pública da Muralla, a Casa Consistorial e a Fonte dos Ranchos

A entidade local apagará as luces dende as 20:30 ás 21:30 horas, simbolizando o seu compromiso contra o cambio climático

  • Tema
    • Medio ambiente
Sábado, 25 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo súmase un ano máis á Hora do Planeta este sábado, e apagará a iluminación pública da Muralla, a Casa Consistorial e a Fonte dos Ranchos, dende as 20:30 ás 21:30 horas, simbolizando así o compromiso da entidade local coa convocatoria promovida pola organización internacional WWT contra o cambio climático, a maior iniciativa global en defensa da natureza, e apoiada por Nacións Unidas.

O Goberno de Lugo convida á veciñanza a sumarse a esta iniciativa cun pequeno gran xesto como apagar a luz unha hora esta tarde, co que todos poderán contribuír de xeito simóblico á defensa do medio ambiente, unha responsabilidade de toda a sociedade.

Esta reivindicación cobra especial relevancia hoxe, posto que este 2017 foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, unha pretensión que comparte o Goberno de Lugo.

Nesta edición participarán máis de 35.000 entidades de todo o mundo, máis de 500 en España, entre cidades, empresas e organismo. En Galicia son case 20 municipios, xunto con Lugo, os que apagarán a luz a favor do medio ambiente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-sumase-un-ano-mais-hora-do-planeta-e-apagara-hoxe-iluminacion-publica-da-muralla