O Concello súmase ao minuto de silencio polas vítimas de París que se convocou nas distintas institucións
A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, concentrouse este luns como mostra da súa repulsa aos atentados de París e en solidariedade coas vítimas e as súas familias
- Tema
- Alcaldía
Luns, 16 de novembro de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, concentrouse este luns ás 12:00 horas na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, para gardar un minuto de silencio como mostra da súa repulsa aos atentados acontecidos en París e en solidariedade coas vítimas e as súas familias.
