Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello solidarízase co proxecto Ningún árbol vacío, que repartirá no Nadal xoguetes aos nenos de familias sen recursos

O Concello solidarízase co proxecto Ningún árbol vacío, que repartirá no Nadal xoguetes aos nenos de familias sen recursos

A entidade local colabora con “esta campaña solidaria, a primeira levada a cabo por Bonhomía, un colectivo formado recentemente que promove a visión crítica sobre cuestións referidas ás desigualdades e a participación cidadá”

Todos os interesados en participar nesta campaña deben rexistrarse na páxina web de Bonhomía. Logo, e tras recibir a carta que un neno escribiu aos Reis, mercará o agasallo, cun custe inferior aos 30 euros

  • Tema
    • Benestar social,
    • Solidariedade
Mércores, 11 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentación de Ningún árbol vacío

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a presidenta da asociación Bonhomía, Fanny Sánchez, e a vogal deste colectivo, María Sánchez; presentaron este mércores no Salón de Plenos o proxecto Ningún árbol vacío. O Concello colabora con Bonhomía nesta iniciativa que buscar achegar aos nenos e nenas de familias lucenses sen recursos os agasallos que piden aos Reis Magos.

No acto de presentación, González Abelleira puxo en valor este “proxecto innovador, unha campaña solidaria e chea de ilusión, a primeira levada a cabo por Bonhomía, un colectivo formado recentemente que promove ao mesmo tempo unha visión crítica sobre cuestións referidas ás desigualdades e a participación cidadá”.

Pola súa banda, Sánchez agradeceu a colaboración institucional e a implicación do Concello para levar a cabo o seu primeiro proxecto.

Para participar nesta campaña soamente é preciso rexistrarse na páxina web de Bonhomía, http://bonhomia.org/ [1]Unha vez rexistrada, a persoa colaborada recibirá a carta que un neno ou nena escribiu aos Reis Magos. Posteriormente, a persoa solidaria mercará o agasallo, cun custe inferior aos 30 euros, que poderá entregar nun dos 16 puntos de recollida sinalados pola asociación. A Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, encargouse da gravación e da edición do anuncio publicitario desta campaña, que se difunde nas redes sociais.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre o proxecto Ningún árbol vacío |Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-solidarizase-co-proxecto-ningun-arbol-vacio-que-repartira-no-nadal-xoguetes-aos

Ligazóns:
[1] http://bonhomia.org/%20
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/111115_ana_abelleira_presenta_ningun_arbol_vacio.mp3