Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello selecciona persoal para a cobertura de prazas de técnicos e técnicas de Xardín de Infancia

O Concello selecciona persoal para a cobertura de prazas de técnicos e técnicas de Xardín de Infancia

Mércores, 08 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 24 de setembro, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo selectivo para cobertura interina de prazas de Técnicos ou técnicas de Xardín de Infancia no Concello de Lugo.

As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello: www.lugo.es [1]. Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-selecciona-persoal-para-cobertura-de-prazas-de-tecnicos-e-tecnicas-de-xardin-de

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es