Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello reparte 3.000 bolsas para as compras do Mercado Municipal e da Praza de Abastos

O Concello reparte 3.000 bolsas para as compras do Mercado Municipal e da Praza de Abastos

Trátase dun material de promoción e sensibilización para mercar en galego, mercar produtos autóctonos e mercar en igualdade

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción da lingua,
    • Mercados
Luns, 26 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello reparte 3.000 bolsas para as compras do Mercado Municipal e da Praza de Abastos

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este luns que o Concello repartirá 3.000 bolsas no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. Trátase de bolsas de papel reciclado de tamaño medio-grande que os tendeiros ofrecerán aos seus clientes para levarse a súa compra á casa, que busca promover e sensibilizar para mercar en galego, para mercar produtos autóctonos e para mercar en igualdade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-reparte-3000-bolsas-para-compras-do-mercado-municipal-e-da-praza-de-abastos