Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello reforma o saneamento en Ramón Montenegro para evitar filtracións de auga nas escalinatas, tal e como pedían os veciños

O Concello reforma o saneamento en Ramón Montenegro para evitar filtracións de auga nas escalinatas, tal e como pedían os veciños

Miguel Fernández achegouse ata o cruce das rúas Ramón Montenegro con Primavera, onde se desviou a auga da primeira cara a segunda, deixando sen servizo os colectores das escaleiras

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras rematadas
Mércores, 20 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello reforma o saneamento en Ramón Montenegro para evitar filtracións de auga nas escalinatas, tal e como pedían os veciños

O voceiro municipal, Miguel Fernández, achegouse este xoves ao cruce da rúa Ramón Montenegro coa rúa Primavera, onde o Concello realizou unha reforma no saneamento para evitar filtracións de auga nas escalinatas, tal e como pedían os veciños. As actuacións, segundo anunciara o edil Manuel Núñez a pasada semana, consistiron en desviar a auga da rúa Ramón Montenegro cara a rúa Primavera, deixando sen servizo as arquetas e os colectores situados onda a escaleiras, e evitando deste xeito os problemas de filtracións. Feita esta conexión, o Concello traballa no vaciado destas aguas acumuladas no pozo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-reforma-o-saneamento-en-ramon-montenegro-para-evitar-filtracions-de-auga-nas