Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello recoñece e felicita ao equipo masculino do Emevé polo ascenso á superliga 1

O Concello recoñece e felicita ao equipo masculino do Emevé polo ascenso á superliga 1

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Venres, 10 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello recoñece e felicita ao equipo masculino do Emevé polo ascenso á superliga 1

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quixo trasladar os parabéns dun xeito público e institucional ao equipo masculino do Emevé polo ascenso á superliga 1, así como ao corpo técnico e directivo pola súa dedicación e esforzo.

Na recepción tamén estivo a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, así como outros membros da Corporación Municipal e un invitado de gala, Antonio Martín, ex xogador de baloncesto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-reconece-e-felicita-ao-equipo-masculino-do-emeve-polo-ascenso-superliga-1