Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello recibe ao Exército de Terra antes da procesión do Bon Xesús

O Concello recibe ao Exército de Terra antes da procesión do Bon Xesús

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e os demais membros da Corporación recibiron a un grupo de soldados da Compañía Brilat do Exército de Terra, ao mando do Coronel Lorenzo Fernández Navarro de los Paños.

Así mesmo, o destacamento, acompañado pola banda de cornetas e tambores do Exército desfilou pola Praza Maior para formar diante da Casa Consistorial.

O Coronel, que firmou no Libro de Honra do Concello, agradeceu neste documento o recibimento que todos os anos se brinda a este grupo de soldados por parte da cidade de Lugo e tamén por parte do Concello. Fixo referencia á honra que sinten ao poder formar parte desta procesión e polo agarimo con que se acolle o desfile da banda do Exército.

O Alcalde entregou ao Coronel unha praca en lembranza do día de hoxe, no que, como todos os anos acompañaron á Confraría do Bon Xesús, da que son irmáns maiores.

Para recibir ás tropas estiveron tamén as distintas autoridades dos Corpos e Forzas do Estado, así como outras autoridades civís e militares. Novamente, a chegada dos soldados congregou na Praza Maior e nas rúas polas que discorre a procesión un grande número de persoas.

Galerías de fotos da Semana Santa [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-recibe-ao-exercito-de-terra-antes-da-procesion-do-bon-xesus

Ligazóns:
[1] http://www.semanasanta.lugo.es/