Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CONCELLO RECADA MÁIS DE 63.000 EUROS POLA VENDA AMBULANTE

O CONCELLO RECADA MÁIS DE 63.000 EUROS POLA VENDA AMBULANTE

Martes, 06 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concello de Lugo recadou máis de 63.000 euros o ano pasado pola tarxeta trimestral de venda ambulante. Segundo informou a concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, o concello recadou por este concepto 63.067,10 euros no ano 2009, o que supón a maior cifra dos últimos anos cun aumento de algo máis de 2.000 euros respecto o ano 2006.

No que vai deste ano, a tarxeta de venda ambulante supúxolle ó Concello uns ingresos de 6.132 euros.

No rexistro municipal de venda ambulante figuran inscritos 123 vendedores. 85 solicitaron a tarxeta de venda e hai 43 novas solicitudes en lista de espera.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-recada-mais-de-63000-euros-pola-venda-ambulante