Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello realiza un seguimento continuo do cauce do Miño e mantén pechado o tramo entre o Balneario e a ponte branca

O Concello realiza un seguimento continuo do cauce do Miño e mantén pechado o tramo entre o Balneario e a ponte branca

  • Tema
    • Benestar social,
    • Medio rural,
    • Protección do medio rural,
    • Medio ambiente,
    • Auga
Martes, 27 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo está a realizar un seguimento continuo do nivel do río Miño ao seu paso polo municipio. Efectivos da Policía Local levaron a cabo o peche dalgún punto concreto do paseo fluvial no día de onte, como no tramo entre o Balneario e o restaurante O Muiño, con motivo da crecida do cauce, que acadou na pasada xornada un máximo de 3’51 metros.

Esta mañá o nivel xa descendeu a menos de 3,20 metros, aínda que por precaución e para evitar riscos continúa pechado o tramo entre o Balneario e a ponte branca, así como a zona interior do paseo do Club Fluvial que se atopa asolagada. Nestes momentos, continúa activada a alerta laranxa por crecidas, aínda que se prevé que durante o día poida pasar a nivel amarelo.

O nivel de 3’51 metros alcanzado no día de onte dista do máximo rexistrado o ano pasado, o 17 de xaneiro 2023 que chegou a 4’82 metros. Pese a isto, o Goberno Local recomenda á cidadanía que non se aproxime ás beiras do Miño, pois aínda baixando o seu nivel, o caudal é importante.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-realiza-un-seguimento-continuo-do-cauce-do-mino-e-manten-pechado-o-tramo-entre-o