Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello realiza a tradicional ofrenda floral no Cemiterio Municipal

O Concello realiza a tradicional ofrenda floral no Cemiterio Municipal

Mércores, 02 de novembro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, realizaron a tradicional ofrenda floral con motivo do día de Defuntos, celebrada as 12.00 horas na fonte da vía principal do Cemiterio de San Froilán.

No acto de homenaxe e lembranza aos defuntos, que contou coa actuación do grupo de música clásica Straniki.

Recital Poético

Dende a Concellería de Servizos Xerais e de Cultura, e con motivo dos actos da Festividade de Santos, o Cemiterio Municipal acollerá mañá xoves, día 3 de novembro, a celebración dun recital poético.

A partires das 18.30 horas, organízase un acto en homenaxe a todas e todos os defuntos que xacen neste cemiterio municipal. Esta actividade colocarase unha Placa-homenaxe no recinto do Cemiterio, coa actuación do conxunto vocal LUGH para dar paso a un recital poético e a entrega dos premios do Concurso de Adobíos Florais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-realiza-tradicional-ofrenda-floral-no-cemiterio-municipal-0