O Concello reafirma o seu compromiso cun Lugo aberto e plural na celebración do Día da Colombianidad
A alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Política Social, Maiores e Migración, Gustavo Díaz participaron nesta xornada de convivencia organizada baixo o lema “Amor por Colombia”, na que a comunidade colombiana compartiu coa cidade a súa cultura, tradicións e identidade
- Tema
- Emigración e inmigración
Luns, 27 de xullo de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

Ao longo da xornada de onte, tiveron lugar no Pazo de Feiras unha mostra da riqueza cultural de Colombia a través de actuacións de danza e música tradicional, degustacións gastronómicas e diferentes actividades nas que a comunidade colombiana compartiu coa cidadanía lucense unha parte da súa historia, das súas raíces e da súa identidade.
Durante o encontro, a alcaldesa, Elena Candia, destacou que "Lugo é unha cidade que medra cando abre as súas portas á diversidade, ao respecto e á convivencia entre culturas", ao tempo que puxo en valor a achega das persoas procedentes doutros países á vida social, económica e cultural do municipio.
