Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello propón vivir o San Froilán con respecto e libre de sexismo

O Concello propón vivir o San Froilán con respecto e libre de sexismo

Ao igual que nos festexos do Arde Lucus e no Entroido, o Goberno pon en marcha unha campaña co obxecto de fomentar a importancia de cortar co machismo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Igualdade,
    • Linguaxe sexista
Mércores, 27 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello propón vivir o San Froilán con respecto e libre de sexismo

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha a campaña por un San Froilán libre de sexismo, tal e como fixera nos festexos do Arde Lucus e no entroido. Trátase dunha iniciativa cuxo obxectivo é fomentar a importancia de cortar co machismo e co sexismo, incluídos tamén todos os recintos e actividades destes festexos.

A iniciativa do Goberno de Lugo, que xa reflexa nos propios programas do San Froilán que Lugo é un concello libre de agresións sexuais, pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento e lembra que o alcohol non xustifica as condutas de abuso e que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes. Así mesmo recorda non facer comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento sen permiso.

Audio 1

  • Ana González Abelleira, sobre o San Froilán con respecto e libre de sexismo | Descargar mp3 [1]

Audio 2

  • Ana González Abelleira, sobre o San Froilán con respecto e libre de sexismo | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-propon-vivir-o-san-froilan-con-respecto-e-libre-de-sexismo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/270917_abelleira-sanfroilanlibredesexismo.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/270917_abelleira-sanfroilansensexismo.mp3