Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello promociona Lugo no Festival de Cine Turístico de Porto, no que recibiu un premio o documental do Arde Lucus, dirixido por Brais Revaldería

O Concello promociona Lugo no Festival de Cine Turístico de Porto, no que recibiu un premio o documental do Arde Lucus, dirixido por Brais Revaldería

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 27 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, asistiu hoxe á clausura do Festival de Cine Turístico Art&Tur celebrado na  cidade portuguesa de Porto.

Luis Álvarez encabezou unha delegación lucense que asistiu a este festival sobre cine turístico para promocionar o Arde Lucus. No Edificio Douro Azul, sede do evento, permaneceu instalado nesta xornada un stand con información turistica do Concello de Lugo.

Ademais, viaxaron a Porto para promocionar a nosa cidade, xunto co Primeiro Tenente de Alcalde, representantes das asociacións do Arde Lucus como é o Senado, a Cohors III, Caetra Lucensium e a Guarda Pretoriana, que realizaron un desfile dende a Cámara de Porto ata o Edificio Douro Azul.

Na gala de entrega de premios, coa que rematou o Festival, entregóuselle ao documental Arde Lucus, dirixido por Brais Revaldería, o premio ao mellor documental dentro deste Festival. Con este motivo, o Concello de Lugo aproveitou esta importante oportunidade para facer unha promoción da cidade e da Festa do Arde Lucus.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-promociona-lugo-no-festival-de-cine-turistico-de-porto-no-que-recibiu-un-premio-o