Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello procederá á execución subsidiaria da rehabilitación de 2 edificios na Ronda e Xulia Minguillón se vulneran a orde de execución

O Concello procederá á execución subsidiaria da rehabilitación de 2 edificios na Ronda e Xulia Minguillón se vulneran a orde de execución

Trátase de dous inmobles con 8 multas coercitivas e reiteradas ordes de execución ditadas pola entidade local

  • Tema
    • Reclamacións administrativas,
    • Urbanismo
Mércores, 24 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello procederá á execución subsidiaria da rehabilitación de 2 edificios na Ronda e Xulia Minguillón se vulneran a orde de execución

A Xunta de Goberno interpuxo este mércores unha multa coercitiva –a oitava- polo importe de 6.000 euros aos donos de dous edificios na Ronda da Muralla e Xulia Minguillón, como consecuencia do incumprimento reiterado das ordes de execución e rehabilitación ditadas polo Concello, tanto en Xunta de Goberno Local como a través de Decretos. Así o anunciou o voceiro municipal, Miguel Fernández, que deu a coñecer que a multa se reducirá na súa contía nun 30% se é aboada no prazo de 15 días e que se lles requirira de novo aos donos que procedan a cumprir as ordes de execución.

No caso de que os donos non paguen a multa, o Concello abrirá a vía do embargo (de bens ou contas) aos propietarios de ambos os dous edificios para cobrar o importe destas sancións. Paralelamente, no caso de non cumprir de novo a orde de execución, o Concello procederá á execución subsidiaria das obras de rehabilitación, cuxo custe será repercutido posteriormente aos propietarios.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre as multas coercitivas e reiteradas a dous edificios na Ronda da Muralla e Xulia Minguillón |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-procedera-execucion-subsidiaria-da-rehabilitacion-de-2-edificios-na-ronda-e-xulia

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240216_fernandez-xg.mp3