Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello presentou un libro cos relatos premiados no IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole

O Concello presentou un libro cos relatos premiados no IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde en funcións, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura en funcións, Concepción Burgo, presentaron o libro que recolle os relatos premiados no IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole. O acto de presentación tivo lugar ás oito desta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Baixo o subtítulo de Contos do 2006, a publicación recolle os catro relatos gañadores, dous na categoría de galego e dous na de castelán. Ademais dos contos, este volume contén unha breve biografía dos autores, Xosé Luís Vázquez Somoza e Ramón Noche Fraga, da categoría de contos en galego, e Jaume Calatayud e Manuel Terrín Benavides, autores en castelán.

O libro foi acabado de imprimir o pasado 26 de abril de 2007 e na última páxina rememora a celebración do 161 aniversario do fusilamento dos Mártires de Carral, que acabou coas esperanzas revolucionarias do levantamento progresista que o Coronel Solís iniciou diante da Casa do Concello de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-presentou-un-libro-cos-relatos-premiados-no-ix-certame-de-narracion-curta-anxel