Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello porá un servizo extraordinario de bus urbano para a Noite de Fin de Ano

O Concello porá un servizo extraordinario de bus urbano para a Noite de Fin de Ano

  • Tema
    • Protección da comunidade
Xoves, 30 de decembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Transportes e Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, porá en marcha un servizo especial de buses urbanos que funcionará durante a Noite Vella para facilitar os desprazamentos na cidade e evitar o uso dos vehículos privados.

O chamado Bus búho funcionará durante toda a noite, de 01.00 a 08.00 horas. Sairá ás horas en punto da Ronda da Muralla, na zona do edificio dos Sindicatos e fará o seguinte recorrido:

Avda. Coruña (ás horas e 5´), Garabolos, Flor de Malva, Sto. Grial (ás e 10´), Camiño Real, Valle Inclán, Rúa dos Guardias, Lamas de Prado (ás e 20´), Alfredo Brañas, Avda Breogán, Avda Américas (ás e 30´), Fonte dos Ranchos, Rúa Chantada, Ronda Muralla, Rúa Vilalba (ás e 35´), Avda Ramón Ferreiro, Rúa Armórica, Aviación Española (ás e 40´), Alfonso X O Sabio, Estrada da Granxa, Avda. Carvalho Calero (ás e 45´), Avda. Pablo Iglesias, Avda. de Madrid, Ronda de Madrid, Ronda Xosé Castiñeira (ás e 50´), Ronda Fontiñas, Estación do Ferrocarril (ás e 55´ ), Rúa Castelao e Ronda da Muralla (Sindicatos).

A tarifa do billete é a que está en vigor ao longo do ano e tamén se poderán empregar os bonos.

www.lugo.es/ws/transportes [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pora-un-servizo-extraordinario-de-bus-urbano-para-noite-de-fin-de-ano

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/ws/transportes