Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pon á venda as entradas para o IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX

O Concello pon á venda as entradas para o IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 16 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo pón a venda as entradas para as representacións do IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX . Nesta edición este certame está dedicado ao gran dramaturgo Valle-Inclán, o mellor autor de teatro español do século XX. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade entre os días 22 e 27 de novembro no Auditorio Municipal.

Os prezos son populares e varían entre 6, 8 e 10 euros, ademais, realizaranse descontos de 2 ou 3 euros para xubilados, desempregados e estudantes.

As entradas, todas elas numeradas, estarán á venda desde o 14 de novembro na web www.caixanova.es [1] e no teléfono de 902 504 500. Tamén, poderán adquirirse unha hora antes do comezo de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal.

O festival arrincará coa conferencia El Teatro de Valle-Inclán da man de Dru Dougherty, Catedrático de Literatura Españona da Universidade de Berkeley, California, o xoves 22 de novembro na Sala Sargadelos.

O venres 23 comezarán as representacións teatrais coas tres obras que constitúen o Retablo de Valle-Inclán: La Cabeza de Bautista, Las Galas del Difunto e La Rosa de Papel. O domingo 25 de novembro, Producciones Cachivache & Teatro Zascandil levarán ás tablas Los Cuernos de Don Friolera. Para pechar o festival de teatro, o martes 27 de novembro, o público poderá gozar coa obra máis famosa do autor galego, Luces de Bohemia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pon-venda-entradas-para-o-iv-festival-de-teatro-clasicos-do-seculo-xx

Ligazóns:
[1] http://www.caixanova.es