Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pon en marcha un novo sistema de información dixital para difundir as actividades culturais

O Concello pon en marcha un novo sistema de información dixital para difundir as actividades culturais

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura de Turismo, dirixida por Concepción Burgo, aposta por un novo sistema de información dixital para difundir as actividades culturais do municipio, sexan municipais ou non.

O mecanismo consistirá na difusión de programas e actos culturais a través dos correos electrónicos das persoas que estean interesadas e tamén na publicación dunha axenda virtual na web do Concello. Esta axenda recollerá todas as actividades relacionadas co mundo da cultura e do ocio (concertos, obras de teatro, exposicións, ciclos de conferencias, cursos…) co fin de facilitar o acceso dos lucenses a todas as iniciativas que se desenvolven na cidade.

Para acadar unha difusión total, o Concello convida a todos os lucenses e institucións, asociacións, entidades, propietarios de salas de arte... a que envíen os seus datos de contacto a través dun formulario que atoparán na web municipal www.lugo.es [1] para transmitirlles periódicamente a información cultural.

Ao mesmo tempo, todas aquelas institucións, entidades e particulares que organicen actos culturais terán á súa disposición outro formulario para poder enviar a súa información. A Concellería de Cultura elaborará unha axenda con todas as citas da cidade, que serán promocionadas a través da web.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pon-en-marcha-un-novo-sistema-de-informacion-dixital-para-difundir-actividades

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es