Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pon en marcha un dispositivo de tráfico especial para o aceso ó cemiterio

O Concello pon en marcha un dispositivo de tráfico especial para o aceso ó cemiterio

  • Tema
    • Protección da comunidade
Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Como todos os anos, con motivo da celebración do día de Todos os Santos, o Concello pon en marcha un dispositivo policial e de tráfico para regular a elevada afluencia de vehículos e persoas ó cemiterio de San Froilán como todos os anos.

O dispositivo estará en funcionamento dende o día 29 de outubro, xa que os días previos á festividade, son moitos os lucenses que visitan o cemitirerio para realizar as labores de limpeza das tumbas.

A brigada de sinalización situou xa o material de sinalización circunstancial para a ordenación do tráfico nas zonas afectadas. Esta sinais indicarán a dirección dos carris para dar fluidez á circulación e facilitar o aparcamento.

Ademais, para facilitar a parada de taxis con carácter provisional habilitarase un espazo coa sinalización correspondente, que se colocará antes da parada do bus urbán.

A Policía Local vixiará a zona para facilitar a circulación tanto no cemiterio como nas zonas máis cercanas.

Reforzo do transporte público

Como todos os anos, tamén se reforzará o servizo de autobuses ó Cemiterio con tres liñas que realizarán o seguinte percorrido e horarios: saidas dende Sindicatos con destino ó Cemiterio e viceversa cada 20 minutos (ademais do servizo normal da liña base 5e, que realizará o seu itinerario e horario habitual).

Itinerario dos servizos especiais:

-Sindicatos, Ronda da Muralla, Rúa Santiago, Ponte Vella, Carretera de Santiago, Cemiterio. Cada 20 minutos dende as 9:00 ata as 19:00 horas.

-Cemiterio, Carretera Vella de Santiago, Ponte Vella, Ronda da Muralla, Sindicatos. Cada 20 minutos dende as 9:20 horas ata as 19:20 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pon-en-marcha-un-dispositivo-de-trafico-especial-para-o-aceso-o-cemiterio