Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pon en marcha desenvolvelugo.org, unha web intuitiva sobre economía, emprego e desenvolvemento económico

O Concello pon en marcha desenvolvelugo.org, unha web intuitiva sobre economía, emprego e desenvolvemento económico

Ana Prieto presentou este portal único, de acceso fácil, que responde a suxestións da cidadanía

Está estruturada nos seguintes contidos: proxectos, axudas e subvencións, novas, economía, Espazo Lab (Emprego), CEI-NODUS (Emprendemento), Europe Direct Lugo e Eventos

  • Tema
    • Economía,
    • Emprego,
    • Novas tecnoloxías
Martes, 07 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello pon en marcha desenvolvelugo.org, unha web intuitiva sobre economía, emprego e desenvolvemento económico

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, presentou este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova imaxe da web que engloba contidos destas tres áreas municipais, e que xa está dispoñible en www.desenvolvelugo.org [1].

A edil, acompañada das técncias Isabel Villamor e Paula Gamazo e do técnico Norman Veiga, explicou que a idea de renovar a páxina web relativa ao eido económico, do emprego e do desenvolvemento, sempre tivo como horizonte achegar a xestión municipal á veciñanza e converterse nunha ferramenta útil para os veciños e veciñas. É pois una páxina web de manexo sinxelo, visual e  moi intituitivo á hora de navegar, de xeito que  a persoa usuaria é capaz de acceder á información que lle interesa de forma rápida, indicou Prieto; quen enxalzou como características desta nova páxina a proximidade, axilidade, facilidade de uso, accesibilidade e transparencia.

Tal e como explicou Prieto, é un portal único, de acceso fácil, que responde a suxestións da cidadanía, e que está estruturada nos seguintes contidos: proxectos, axudas e subvencións, novas, economía, Espazo Lab (Emprego), CEI-NODUS (Emprendemento), Europe Direct Lugo e Eventos.

A través dun deseño moi coidado e moi visual, esta web tamén ofrece apartados tan interesantes como formación e emprego en Europa e un apartado de Lugo en cifras, que se actualizará mes a mes.

Wifi no CEI-NODUS

Ana Prieto tamén deu a coñecer que o CEI-NODUS vén de incorporar unha potente WIFI que permitirá máis conectividde nas inspalacións, o que contribuirá a aproveitar e optimizar os recursos.

Audio

  • A edil Ana Prieto, sobre a nova web | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pon-en-marcha-desenvolvelugoorg-unha-web-intuitiva-sobre-economia-emprego-e

Ligazóns:
[1] http://www.desenvolvelugo.org
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/070519_prieto_paxinaweb.mp3