Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pídelle á Xunta que declare o Arde Lucus festa de interese turístico galego

O Concello pídelle á Xunta que declare o Arde Lucus festa de interese turístico galego

  • Tema
    • Xuventude
Venres, 31 de decembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello acordou hoxe solicitarlle á Xunta de Galicia que lle conceda ó Arde Lucus a distinción de festa de interese turístico autonómico.

A proposta, defendida pola Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, foi aprobada por unanimidade na sesión plenaria que celebrou hoxe o Concello.

A Concelleira de Xuventude pediu o apoio dos grupos políticos a esta iniciativa e destacou que o Arde Lucus merece esta distinción tanto “pola súa repercusión turística incuestionable” como pola grande participación da cidadanía lucense, tanto dos nenos, os mozos e os maiores nesta celebración que, dixo, “tantas alegrías nos dá desde hai nove anos”.

Rielo tamén anunciou que “o seguinte paso será acadar a declaración do Arde Lucus como festa de interese turístico tanto nacional como internacional pero iso non é posible ata que leve cinco anos coa declaración de ámbito galego”.

www.ardelucus.com [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pidelle-xunta-que-declare-o-arde-lucus-festa-de-interese-turistico-galego

Ligazóns:
[1] http://www.ardelucus.com