Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pide á Xunta que se sume ó aniversario de César Augusto coas obras do Museo da Romanización

O Concello pide á Xunta que se sume ó aniversario de César Augusto coas obras do Museo da Romanización

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 04 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, pediu hoxe á Xunta de Galicia que comece este ano as obras do Museo da Romanización e que bautice o Museo co nome do emperador César Augusto, xa que en 2014 ano se celebra o bimilenario do falecemento do emperador romano que fundou Lugo.
O Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade facer un programa de actividades para conmemorar o bimilenario do falecemento do emperador César Augusto e Carmen Basadre anunciou que pedirá a colaboración económica da Consellería de Cultura para a organización destes actos.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pide-xunta-que-se-sume-o-aniversario-de-cesar-augusto-coas-obras-do-museo-da