Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pechará os parques da cidade ante o aviso de alerta por fortes refachos de vento este venres

O Concello pechará os parques da cidade ante o aviso de alerta por fortes refachos de vento este venres

Faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Urbanismo
Xoves, 23 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que a primeira hora de mañá, venres 24 de xaneiro, está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos de compoñente sur e suroeste que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán o centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade e recoméndase, igualmente, non visitar o resto de zonas verdes municipais con arboredo ata que remita o temporal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pechara-os-parques-da-cidade-ante-o-aviso-de-alerta-por-fortes-refachos-de-vento