Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pecha temporalmente as Caldas para eliminar unha bacteria común detectada durante os controis ordinarios

O Concello pecha temporalmente as Caldas para eliminar unha bacteria común detectada durante os controis ordinarios

Para erradicar a presenza de Pseudomonas, frecuente na natureza e especialmente en ambientes húmidos, a área de Medio Ambiente está a realizar un tratamento de choque no conxunto das instalacións.

Tras unha nova toma de mostras este xoves, se agarda poder abrir o recinto ao público como moi tarde o luns. Ata ese momento, non será posible realizar novas reservas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Martes, 30 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Medio Ambiente informa de que as Caldas do Miño permanecerán pechadas nos vindeiros días trala aparición de pseudomonas nos vasos de auga quente da instalación.

A presenza desta bacteria - moi común e tamén moi frecuente na natureza, especialmente, en ambientes húmidos – foi detectada durante os controis ordinarios que o Concello realiza periodicamente para verificar a calidade da auga.

Tras proceder ao baleirado dos Caldas, a área de Medio Ambiente está a levar a cabo nesta xornada un tratamento de choque e a desinfección integral e limpeza de todas as dotacións (vasos, circuítos, filtros, skimmer, etc). Está previsto que o xoves, a primeira hora da mañá, se realice unha nova toma de mostras e se repita a analítica para verificar a correción de todos os parámetros. Os resultados serán remitidos a Sanidade para a súa validación e posterior apertura do centro.

Igualmente, o Concello informa que todas as persoas que tiñan concertado o acceso ás Caldas tanto hoxe como mañá verán canceladas as súas reservas e que a aplicación non permitirá realizar outras novas ata que a situación volva a normalidade e poida abrir ao público, o que se agarda se produza entre esta fin de semana e o luns.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pecha-temporalmente-caldas-para-eliminar-unha-bacteria-comun-detectada-durante-os