Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pecha os parques da cidade ante a previsión dun temporal de vento con nivel amarelo

O Concello pecha os parques da cidade ante a previsión dun temporal de vento con nivel amarelo

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Urbanismo
Mércores, 18 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que a partir das 09.00 horas desta mañá a Área de Transición Ecolóxica procedeu ao peche dos parques da cidade ante a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía da chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo para a xornada de hoxe, por ventos de compoñente suroeste xirando a oeste ao mediodía, que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán ao centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais están a precintar os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións e que non se acheguen ata as zonas verdes municipais con arboredo ata que remita este temporal, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-pecha-os-parques-da-cidade-ante-prevision-dun-temporal-de-vento-con-nivel-amarelo