Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello participa nos actos do Día Mundial sen Tabaco

O Concello participa nos actos do Día Mundial sen Tabaco

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 31 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Durante a mañá instalouse unha carpa na Praza Maior, atendida por profesionais, para achegarlles os cidadáns para obter información sobre os perigos que supón para a saúde o consumo de tabaco, así como as alternativas e tratamentos para deixar de fumar.

Pola tarde, terán lugar dúas conferencias. O médico Antón Penas Truque e a psicóloga da AECC Rosa Zas falarán sobre “O profesional sanitario e o seu papel na cesación tabáquica” ás 19.00 no salón de actos da Escola de Enfermería. E ás 20.30, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra a Presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos Ana Prieto dará outra conferencia titulada “Por se aínda non o sabes, o tabaquismo é unha enfermidade”.

Os actos do Día Mundial sen Tabaco foron organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Lugo e a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade.

www.lugo.es/prevenciondrogas [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-participa-nos-actos-do-dia-mundial-sen-tabaco

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/prevenciondrogas