Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello outorga axudas a 62 deportistas por importe de 25.000 euros

O Concello outorga axudas a 62 deportistas por importe de 25.000 euros

  • Tema
    • Deportes
Venres, 30 de decembro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, vén de conceder axudas a 62 deportistas individuais. 34 homes e 28 mulleres recibirán estas subvencións do Concello que teñen un importe total de 25.000 euros.

Segundo informa a Concellería de Deportes, a distribución das axudas fíxose dacordo cun baremo no que se tiveron en conta os seguintes criterios: clasificación en campionato galego ou de España, ser muller, ter algunha discapacidade e ter superado o curso escolar.

Solicitude de axudas económicas individuais exercicio 2011 [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-outorga-axudas-62-deportistas-por-importe-de-25000-euros

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=tramiteAsset&cid=1227492907206&color=Rojo&idioma=gl&pagename=Lugo%2FtramiteAsset%2FLugoTramiteDetalle&tipoLetra=Texto1