Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza unha visita guiada á exposición da Fundación Caixa Galicia

O Concello organiza unha visita guiada á exposición da Fundación Caixa Galicia

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo de Animación Sociocultural do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, realizará unha visita guiada á exposición “O esplendor da cerámica española”, da colección Fundación Francisco Godia, organizada pola Fundación Caixa Galicia.

Esta visita terá lugar o día 20 de marzo, de doce a unha da mañá e está dirixida a toda a poboación.

Para participar na mesma é necesario inscribirse no centros sociais municipais de Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra antes do día 13 deste mes.

Esta actividade é gratuíta e aberta a poboación de todas as idades, pero existe unha limitación de 30 prazas repartidas entre os tres centros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-organiza-unha-visita-guiada-exposicion-da-fundacion-caixa-galicia