Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza unha excursión a Pontevedra dentro das actividades de verán

O Concello organiza unha excursión a Pontevedra dentro das actividades de verán

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Pontevedra e á praia de Montalvo, encadrada na programación de actividades de verán. Esta é a terceira excursión de verán que se programa, despois das viaxes a Ferrol e a San Andrés de Teixido, as cales realizáronse no mes de xullo.

Un total de corenta e nove persoas inscribíronse para paticipar nesta actividade que os levará a Pontevedra, onde realizarán unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra guiada polo Gabinete de Didáctico do museo, e gozarán dunha tarde de ocio na praia de Montalvo.

A saída terá lugar ás 8:00 horas desde a rúa San Marcos e o regreso será ás 19:00 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-organiza-unha-excursion-pontevedra-dentro-das-actividades-de-veran