Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza un curso formativo para bombeiros e axentes da Policía Local para instruílos no manexo de desfibriladores

O Concello organiza un curso formativo para bombeiros e axentes da Policía Local para instruílos no manexo de desfibriladores

  • Tema
    • Protección da comunidade
Luns, 03 de decembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Protección á Comunidade organiza un curso para formar a bombeiros e a axentes da Policía Local no manexo de desfibriladores para as actuacións de primeiros auxilios nas que sexa necesaria a reanimación cardíaca e respiratoria.

O curso desenvolverase entre o 3 e o 20 de decembro e en cada quenda participarán aproximadamente once policías locais e oito bombeiros. En total, celebraranse dez sesións nas que participarán preto de douscentos profesionais.

Un equipo composto por dous médicos, un farmacéutico, un bioquímico, dous técnicos sanitarios e un informático será os responsables de impartir o curso de primeiros auxilios de achegar a lexislación de prevención, e de adiestralos no manexo do kit de supervivencia que se compón de : maletín de reanimación (oxixenoterapia) e os desfibriladores.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-organiza-un-curso-formativo-para-bombeiros-e-axentes-da-policia-local-para