Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza un concerto de música tradicional para maiores

O Concello organiza un concerto de música tradicional para maiores

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 16 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Servizos Sociais achega a Lugo o espectáculo “Me lo cantaba mi abuelo…” que xa percorreu gran parte da xeografía española e acumula máis de douscentas actuacións.

Esta actividade consiste nun concerto gratuíto que ofrecerá o grupo Tahona no Centro Social Díaz de Castro o luns, día 19 de novembro, ás 18:30 horas, dirixido a todo o público en xeral, pero especialmente para os maiores xa que poderán gozar das cancións da súa mocidade.

Este espectáculo musical recupera a música tradicional dos nosos antergos e preséntase como unha actuación que fomenta a interacción co público. A través de diálogos, trabalinguas, brindis e acertixos os participantes percorren a historia da música popular.

Non faltarán as coplas de ronda, as murgas ou as cancións de traballo que ilustran con humor e ironía a sociedade tradicional e recollen momentos históricos do noso pasado.

Para máis información pódese consultar a páxina web municipal www.lugo.es [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-organiza-un-concerto-de-musica-tradicional-para-maiores

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es