Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza este venres un taller orientado a impulsar a creatividade dos mozos

O Concello organiza este venres un taller orientado a impulsar a creatividade dos mozos

Os interesados neste taller, que terá lugar no CEI-NODUS, poden anotarse ata o xoves ás 14:00 horas no mail norman.veiga@concellodelugo.org [1]

  • Tema
    • Formación,
    • Emprego,
    • Emprendemento,
    • Xuventude
Luns, 25 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello organiza este venres un taller orientado a impulsar a creatividade dos mozos

O Concello de Lugo organiza para o vindeiro venres, 29 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas no CEI-NDOUS, un taller formativo gratutíto dirixido a mozos e mozas, para impulsar a a súa creatividade. Coa organización deste taller, que leva o nome de Lugo IdeasJump!, e que nace ao abeiro das preocupacións da mocidade expostas no Young Lab, a entidade local busca establecer un punto de encontro e un escenario único para que os mozos activen o seu potencial creativo nun entorno lúdico e de aprendizaxe, ao tempo que se desenvolven tanto persoal como profesionalmente.

Todos os interesados en participar este taller, que oferta un total de 20 prazas, poden inscribirse ata o xoves ás 14:00 horas no mail norman.veiga@concellodelugo.org [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-organiza-este-venres-un-taller-orientado-impulsar-creatividade-dos-mozos

Ligazóns:
[1] mailto:norman.veiga@concellodelugo.org