Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello ofrece unha recepción a profesores de Formación Profesional que asisten a un curso na nosa cidade

O Concello ofrece unha recepción a profesores de Formación Profesional que asisten a un curso na nosa cidade

  • Tema
    • Infraestruturas
Mércores, 15 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Tenente de Alcalde de Infraestruturas, José Piñeiro, presidiu esta tarde unha recepción que lle ofreceu o Concello a un grupo de profesores de Formación Profesional, procedentes de distintos puntos de España, que participan nun curso organizado pola Cámara de Comercio da nosa cidade.

José Piñeiro deulles a benvida a Lugo, unha cidade, dixo “cun importante patrimonio monumental e cultural e con outros atractivos como a gastronomía”. Explicoulles que este ano a cidade conmemora co programa Lugo10 o décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial.

O Tenente de Alcalde de Infraestruturas, que tamén é profesor de Formación Profesional, desexoulles ademais que saquen proveito do curso que están a realizar, que forma parte dun convenio de colaboración entre as Cámaras e o Ministerio de Educación, que ten o propósito de fomentar o espírito emprendendor dos alumnos de FP.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-ofrece-unha-recepcion-profesores-de-formacion-profesional-que-asisten-un-curso-na