Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello ofrece actividades gratuítas este verán nas Casas das Linguas para nenos e nenas de 5 a 9 anos

O Concello ofrece actividades gratuítas este verán nas Casas das Linguas para nenos e nenas de 5 a 9 anos

O prazo para inscribirse na programación, con 60 prazas e dirixido a favorecer a conciliación laboral e familiar, estará aberto dende hoxe ao 30 de xuño. Será por orde de inscrición nos centros de Estrada da Granxa e María Balteira

  • Tema
    • Ensino de linguas,
    • Xuventude
Luns, 20 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, dirixida por Carmen Basadre, informa de que a programación de verán das Casas das Linguas, enmarcada no obxectivo do Concello de favorecer a conciliación laboral e familiar e abrir alternativas de lecer aos máis pequenos na etapa estival, terán lugar do 4 ao 28 de xullo e do 1 ao 31 de agosto, de luns a xoves. As actividades, dirixidas a nenos e nenas de 5 a 9 anos de idade, son gratuítas e haberá un total de 15 prazas por quincena e centro, isto é, 60 prazas.

No centro de Estrada da Granxa os luns e mércores, de 10:30 a 13:30 horas, haberá Summer Camp de Inglés, Alemán e Francés. Os martes e xoves, de 10:30 a 13:30, terá lugar o obradoiro de animación á lectura.

No centro de María Balteira os luns e mércores, de 10:30 a 13:30 horas, celebrarase o obradoiro de animación á lectura e os martes e xoves, de 10:30 a 13:30 horas, terá lugar o Summer Camp de Inglés e Francés.

O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe e ata o 30 de xuño. Será por rigoroso orde de inscrición presencialmente nos propios centros, presentando o DNI dos nenos e nenas que se queiran anotar para acreditar a idade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-ofrece-actividades-gratuitas-este-veran-nas-casas-das-linguas-para-nenos-e-nenas-de