Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello modificará a ordenanza de barreiras arquitectónicas a petición de Auxilia

O Concello modificará a ordenanza de barreiras arquitectónicas a petición de Auxilia

  • Tema
    • Urbanismo
Martes, 27 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Gabinete de accesibilidade acordou hoxe facer algunhas modificacións á Ordenanza dA supresión de barreiras arquitectónicas. A proposta da asociación Auxilia, o Gabinete de accesibilidade aprobou tres das cinco modificacións propostas, unha vez feitas algunhas aportacións polo Servizo de Arquitectura do Concello e co informe favorable do Servizo de Enxeñería. As outras dúas modificacións quedaron pendentes de estudo por Urbanismo, xa que son competencia deste servizo.

Na xuntanza tamén se aprobaron as 9 solicitudes de excepcionalidade para a obtención de licenzas.

Ademais, o Concello manifestou que intensificará a vixilancia do uso das tarxetas de aparcamento nas prazas reservadas a discapacitados co fin de evitar a fraude no seu uso.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-modificara-ordenanza-de-barreiras-arquitectonicas-peticion-de-auxilia