Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello mellora a iluminación do parque infantil de Gallego Tato

O Concello mellora a iluminación do parque infantil de Gallego Tato

Lara Méndez, Rosana Rielo e Manuel Núñez mantiveron un encontro con representantes da ANPA do colexio Luis Pimentel, que propuxeron nos Orzamentos Participativos estas tarefas, cun orzamento de 8.300 euros

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Orzamentos participativos
Domingo, 17 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello mellora a iluminación do parque infantil de Gallego Tato

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, mantiveron un encontro con representantes da ANPA do CEIP Luis Pimentel, que propuxeron nos Orzamentos Participativos a iluminación do parque da esquina da rúa Gallego Tato con Angelo Colocci. Esta foi a cuarta proposta máis votada neste proceso participativo, con máis dun centenar de votos.

Fíxerono no propio espazo de lecer infantil, onde a entidade local está a levar a cabo as tarefas, que contan cun orzamento de 8.300 euros e que consisten na realización de gabias pola zona verde xunto con 5 arquetas, a partir das que se instalaron dúas columnas con dous puntos de luz dobles tipo proxector asimétrico.

Audio

  • A edil Rosana Rielo sobre a iluminación do Parque Infantil "Gallego Tato" | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-mellora-iluminacion-do-parque-infantil-de-gallego-tato

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/180319_rielo-iluminacionparque.mp3