Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello mellora as condicións ergonómicas das traballadoras das escolas infantís municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes

O Concello mellora as condicións ergonómicas das traballadoras das escolas infantís municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes

Faino a través da adquisición de material de seguridade, escadas de madeira para cambiadores, cadeiras de apoio e berces de evacuación, todos eles a cargo do bonus bueno

  • Tema
    • Educación,
    • Educación pública
Martes, 15 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo mellorará as condicións ergonómicas das traballadoras das escolas infantís municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes, que contan con 122 alumnos e alumnas, 61 cada unha delas. Faino a través da adquisión de material de seguridade por valor duns 2.700 euros, co obxectivo de continuar asegurando, con rigor, as boas condicións de traballo en materia de seguridade e saúde, e de prevención de riscos laborais de todos os traballadores e traballadoras. Nesta liña, o Concello figura como modelo a seguir na Guía de Xestión de Recursos humanos na Administración Pública, realizada pola mutua Egarsat, e presentada o pasado maio, sendo durante 3 anos consecutivos beneficiarios do bonus bueno por ser entidade de baixo índice de sinistralidade e días de baixa laboral.

Deste xeito, a entidade local comprará 3 escadas de madeira para cambiadores dunha altura de 86 centímetros e 4 peldaños, 4 cadeiras de apoio de 78 centímetros e 3 berces de evacuación, de 120x60 centímetros, para a escola infantil Serra de Outes, e outras tantas escadas, cadeiras e berces para a de Gregorio Sanz, para onde está previsto adquirir tamén 10 bloqueos de tirador e 4 cantos de protección transparentes. Nestas mesmas instalacións, o Concello acometerá tarefas dirixidas a optimizar e mellorar as condicións de habitabilidade da escola, tanto a nivel enerxético, como de illamento e confortabilidade, e incluso de estabilidade. Tamén se renovará o illamento e o acabado externo e se cambiará o pavimento para facelo máis accesible.

Audio

  • Fernández, sobre as melloras das garderías |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-mellora-condicions-ergonomicas-das-traballadoras-das-escolas-infantis-municipais

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/151116_fernandez-melloras-guarderias.mp3