Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello mantén por 5º mes consecutivo o período de pago aos provedores por debaixo do límite legal

O Concello mantén por 5º mes consecutivo o período de pago aos provedores por debaixo do límite legal

  • Tema
    • Economía
Xoves, 27 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo mantén por 5º mes consecutivo o Período Medio de Pago (PMP) aos provedores por debaixo do límite legal, ao render en agosto un prazo de 10 días. Así o anunciou o Goberno, a través da Concelleira de Economía, Ana Prieto, no pleno ordinario deste martes. O PMP é un dato público e oficial que a entidade local debe render todos os meses ao Ministerio de Facenda, de feito, publícase na súa páxina web, www.lugo.gal [1]

En abril o PMP foi de 16 días, en maio de 27, en xuño de 17, en xullo de 8 e en agosto de 10. Prieto destacou que a “progresión é moi positiva, a pesar dos malos presaxios da oposición, que, en vez de contribuír a propoñer enriba da mesa posibles solucións a un problema que efectivamente tivemos, durante todo este tempo non fixeron máis que atacar ao Goberno con este tema, mesmo vetando, como foi o caso do Partido Popular, ata catro veces o pago a provedores en Pleno. Sempre dixemos que iamos a mellorar, e estámolo facendo”. Como puxo de manifesto a Concelleira, o bo dato do Concello de Lugo, froito fun eficaz modelo de xestión, contrasta co de outras grandes cidades, como Ourense, que está nos 100 días, Santiago, nos 65 días, ou A Coruña, en 54 días.

Audio

  • Ana Prieto, sobre o período de pago aos provedores | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-manten-por-5o-mes-consecutivo-o-periodo-de-pago-aos-provedores-por-debaixo-do

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/270918_pago_a_provedores_agosto_-_ana_prieto.mp3