Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello invita aos lucenses a coñecer o Vello Cárcere con concertos, danza e unha exposición

O Concello invita aos lucenses a coñecer o Vello Cárcere con concertos, danza e unha exposición

O centro cultural abre con actuacións de Lugo Camerata, a pianista Maite Belón e a compañía de danza da USC, xunto a unha exposición que aborda a historia da prisión

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Programación cultural
Martes, 28 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da delegación municipal de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, con Carmen Basadre á fronte, invita aos veciños e veciñas de Lugo a coñecer a rehabilitación do Vello Cárcere como centro cultural cun programa inaugural de actividades que inclúen concertos, danza e unha exposición.

A concelleira de Cultura avanzou que o día da inauguración, o xoves, a partir das 20:00 horas, actuará a orquestra de música clásica Lugo Camerata (LUCA), a primeira orquestra profesional de Lugo, xunto á pianista Maite Belón, e a compañía de danza da Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá o espectáculo Pulsos. O venres 31, ás 20:00 horas, abrirá a exposición Un cárcere, unha porta e un xardín, que aborda a historia da prisión, e actuarán de novo LUCA e Maite Belón, a partir das 20:30 horas. Lugo Camerata ofrecerá outro concerto o 8 de abril.

Basadre deu a coñecer así mesmo o horario de apertura que terá o centro a partir do venres é o seguinte: os luns, de 11:00 a 14:00 horas; martes e mércores, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas; xoves e venres, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 23:00; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 22:30; e os domingos, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-invita-aos-lucenses-conecer-o-vello-carcere-con-concertos-danza-e-unha-exposicion