Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello inviste preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo as peticións das ANPAS

O Concello inviste preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo as peticións das ANPAS

Lara Méndez e Manuel Núñez repasaron algúns dos traballos, que permitiron arranxar accesos aos centros, pintar aulas, reparar cubertas de polideportivos, instalar varandas de seguridade ou acondicionar baños, entre outros

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Sábado, 17 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello inviste preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo as peticións das ANPAS

O Concello de Lugo investiu preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo ás peticións das ANPAS e dos equipos directivos dos centros. Así, tal e como informara o Concelleiro de Educación e Infraestruturas, Manuel Núñez, o pasado mes de agosto, a entidade local acometeu tarefas de conservación en todos os colexios públicos municipais.

Nas instalacións do CEIP de Albeiros, ata onde se achegaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas, Manuel Núñez, para supervisar e repasar os traballos, realizouse a reparación do aparcadoiro e do acceso a Infantil. “As tarefas acometéronse tendo en conta a situación de cada centro e as necesidades que nos trasladaron tanto pais e nais como equipo directivo, os que coñecen de primeira man as escolas, co obxectivo de mellorar as condicións dos centros para o curso académico que vén de comezar”, subliñou Lara Méndez.

Por outra banda, no colexio da Ponte reparouse o firme de acceso ao centro, arranxáronse os canlóns e acometeuse o pintado de tres aulas. Outras tantas tamén foron pintadas no colexio das Gándaras.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-inviste-preto-de-100000-euros-en-mellorar-instalacions-educativas-publicas