Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello inviste este verán preto de 85.000 euros na mellora das instalacións dos colexios e das escolas infantís

O Concello inviste este verán preto de 85.000 euros na mellora das instalacións dos colexios e das escolas infantís

Manuel Núñez informou de todas as actuacións que está previsto realizar nos centros durante este verán, en resposta ás peticións realizadas polos equipos directivos dos mesmos

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Xoves, 04 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou das melloras que vai a realizar o Concello este verán en todos os colexios públicos e garderías infantís municipais da cidade, unhas actuacións ás que destinará preto de 85.000 euros e que responden ás peticións realizadas polos equipos directivos dos centros.

No Colexio da Ponte realizarase o pintado de tres aulas, o arranxo dos canlóns e reparación do firme do acceso ao centro. Polo que respecta ao CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela farase a reparación da cuberta da pista polideportiva.

En canto ao centro educativo da Anexa repararase a cuberta da pista polideportiva e abrirase unha porta na zona administrativa. Nas instalacións do Colexio de Casás terá lugar a apertura dunha porta na pista polideportiva, farase un rampla de acceso e colocarase unha varanda de seguridade.

Ademais, no CEIP de Albeiros realizarase a o reparación do aparcamento e do acceso a infantil. No Colexio Menéndez Pelayo realizarase a reparación e substitución das tubaxes de auga potable.

Nas instalacións do centro educativo Quiroga Ballesteros farase o pintado das aulas e dos andares da planta baixa, así como a reparación das columnas do peche perimetral. En canto ao Colexio Illa Verde repararase e acondicionarase a zona de xogos de infantil.

No CEIP As Gándaras realizarase o pintado de tres aulas. Nas instalacións do centro educativo de Paradai arranxaranse os baños da planta baixa e instalarase unha billa exterior. Ademais en todos os centros se arranxará e repararán os areeiros dos que dispoñen.

Outras actuacións solicitadas polos colexios faranse ao longo do curso con cargo ao plan de emprego municipal que levará a cabo a entidade local este ano.

Escolas infantís municipais

Nas instalacións da Escola Infantil Luis Soto Menor, situada en San Fiz, instalarase aire acondicionado para solucionar o problema de temperatura nos corredores e distribuidores. Polo que respecta ás de Serra de Outes e Gregorio Sanz, realizaranse diversas reparacións solicitadas polos equipos directivos destes centros.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre as obras nos colexios |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-inviste-este-veran-preto-de-85000-euros-na-mellora-das-instalacions-dos-colexios-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/040816_manuel_nunez_-_obras_colexios.mp3