Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello investirá case 92.000 euros en melloras da seguridade viaria

O Concello investirá case 92.000 euros en melloras da seguridade viaria

  • Tema
    • Protección da comunidade
Mércores, 17 de outubro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello ten previsto investir case 92.000 euros en diversas melloras da seguridade viaria incluídas no plan de sinalización e seguridade viaria.

A mesa de contratación propuxo hoxe a adxudicación dos traballos incluídos neste plan cun presuposto de 91.757 euros.

O plan consta de actuacións para o pintado de pasos de peóns, paradas de bus, prazas para carga e descarga e para o estacionamento de vehículos en prazas reservadas a persoas discapacitadas, así como para a instalación de bolardos e a sinalización das zonas 30 que se van crear en Augas Férreas e o Barrio Feijóo, entre outras medidas para mellorar a seguridade viaria de peóns e condutores.

O tempo previsto para o comezo dos traballos será, aproximadamente, dun mes e a duración dos traballos ten un prazo máximo de tres meses.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-investira-case-92000-euros-en-melloras-da-seguridade-viaria