Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello instalará un novo sistema de lectura de contadores de auga para mellorar o servizo

O Concello instalará un novo sistema de lectura de contadores de auga para mellorar o servizo

Manuel Núñez anunciou que se trata de renovar os equipos actuais existentes, así como de modernizar o servizo cunha plataforma informática que integre traballos de xestión e lectura, para o que a entidade local destina 20.500 euros

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Auga
Luns, 11 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo implementará un novo sistema de lectura de contadores de auga. Así o deu a coñecer este luns o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen subliñou que dado que a entidade local non posúe equipos propios de medición, se contrata o servizo de implantación, asistencia técnica, mantemento e xestión do sistema de lectura de contadores de Lugo, que inclúe tarefas relacionadas coa preparación e descarga das rutas de lectura, co obxectivo de renovar os equipos actuais existentes, así como de modernizar o servizo cunha plataforma e aplicación informática que integre tanto os traballos de xestión como lectura, para o que o Concello destina 20.500 euros.

“Grazas a este novo sistema de lectura modernizaremos o control do consumo de auga, mellorando a xestión e a calidade do servizo para os lugueses, pois aportará datos á central dende os diferentes puntos do municipio, permitindo contemplar os datos in situ por contador, aboado ou rúa, entre outros”, subliñou o edil.

O sistema que se empregará para a lectura de contadores, mediante Terminal Portátil de Lectura (TPL), constará de dúas áreas fundamentais, a do sistema central e a de terminais. O sistema central terá como finalidade a adminsitración de rutas, o que leva aparellada a súa programación e a de abonados a ditas rutas, o seguimento personalizado e a carga de datos mediante sincronización entre a base de datos do terminal e a central, así como unha análise estadística de reparto de rutas por terminal, medias de consumos ou tempo de lecturas. A sincronización de ambos sistemas realizaranse ás cunas conectadas aos ordenadores ou ben a distanica usando a  funcionalidade de conexión inalámbrica a través de comunicación 3G, que permitirá en todo momento a localización dos lectores, ofrecendo a posibilidade cargar e descargar as lecturas a distancia sen necesidade de pasar polas oficinas, ao contrario que o sistema empregado ata o momento, aforrando ademais o tempo de desprazamento.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-instalara-un-novo-sistema-de-lectura-de-contadores-de-auga-para-mellorar-o-servizo