Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE REMODELACIÓN INTEGRAL DAS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA

O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE REMODELACIÓN INTEGRAL DAS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA

As obras, que comezarán o vindeiro luns 17 de setembro, incluirán importantes melloras, garantindo alternativas para os adestramentos durante a súa execución.

  • Tema
    • Alcaldía
Domingo, 16 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE REMODELACIÓN INTEGRAL DAS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA

O pasado venres, as Pistas de Atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera acolleron unha reunión informativa organizada pola Concellería de Deportes de Lugo. O encontro contou coa presenza dos concelleiros Damián Carballo e María Reigosa, do Director de Obra da empresa adxudicataria, e de representantes dos distintos clubs de atletismo usuarios das instalacións.

O obxectivo principal desta cita foi expor de xeito detallado a folla de ruta das inminentes obras de remodelación, cuxo inicio está programado para o luns 17 de setembro. Prevese que os traballos conclúan a principios do mes de outubro, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Así mesmo, se puxeron en comun por parte dos clubs unha serie de melloras técnicas orientadas a optimizar a instalación para o seu uso intensivo por parte dos deportistas.

Alternativas e accesibilidade durante a execución das obras

Para garantir que a actividade deportiva sufra o menor impacto posible durante o período de obras, a Concellería estableceu o seguinte plan:

  • Módulo Cuberto de Atletismo: Permanecerá totalmente operativo. Habilitarase un paso especial e seguro para os atletas que permitirá acceder ao módulo sen ningún risco, independizando o tránsito dos deportistas do paso de vehículos e maquinaria de obra.
  • Pistas da Cidade Cultural: O Concello de Lugo chegou a un acordo coa Xunta de Galicia para o uso destas instalacións situadas no centro de Lugo. Durante este mes de agosto, o seu horario de apertura é de luns a venres, de 10:00 a 13:00 h e de 17:00 a 21:00 h. Nos vindeiros días exporanse unhas sinxelas normas de uso e convivencia para facilitar o acceso e o desenvolvemento dos adestramentos nesta localización.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-inicia-obras-de-remodelacion-integral-das-pistas-gregorio-perez-rivera