Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello informará aos veciños de San Lázaro sobre o proxecto da ponte do río Miño

O Concello informará aos veciños de San Lázaro sobre o proxecto da ponte do río Miño

Venres, 23 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán esta tarde unha reunión cos veciños do barrio da Ponte para informar sobre a nova ponte do río Miño, tal e como fixeron a pasada semana cos de Acea de Olga.

Durante esta xuntanza se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños e se presentarán os planos e deseños das alternativas propostas, así como da elexida polos técnicos.

A reunión terá lugar esta tarde, ás oito, no colexio da Ponte e a ela están invitados todos os veciños interesados, así como os residentes desta zona, que é a máis necesitada desta nova infraestrutura.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-informara-aos-vecinos-de-san-lazaro-sobre-o-proxecto-da-ponte-do-rio-mino