Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello inaugura o luns unha exposición de cestería e arte floral

O Concello inaugura o luns unha exposición de cestería e arte floral

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, en concreto a Área de Muller e Benestar Social, organiza unha exposición colectiva de Cestería e Arte Floral dos traballos realizados nos diferentes obradoiros de Animación Sociocultural dos Centros Sociais Municipais. Inaugurarase o día 18, luns, ás 18:00 horas e o horario de visita será ata o día 22 de xuño de 16:00 a 21:00 horas na sala de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra, na rúa Quiroga Ballesteros, 1- 1º andar.

Os de Cestería estiveron dirixidos por Idoia Cuesta Alonso e os de Arte Floral por Lucía González Gómez. A mostra estará aberta a todos os lucenses e visitantes que desexen contemplar dúas das especialidades de traballos que se realizan nos Centros Sociais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-inaugura-o-luns-unha-exposicion-de-cesteria-e-arte-floral