Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello garante a accesibilidade, o tránsito peonil e a seguridade da rúa Outono, cumprindo cunha petición veciñal

O Concello garante a accesibilidade, o tránsito peonil e a seguridade da rúa Outono, cumprindo cunha petición veciñal

As actuacións, enmarcadas no Plan de Barrios e cun orzamento de 5.000 euros, consistiron no cambio de baldosas por unhas de maior adherencia e a colocación dunha rampla. Ultimaranse coa disposición de varandas

Estas tarefas, que supervisaron Lara Méndez e Manuel Núñez, son outro exemplo das peticións da cidadanía que recolle o Goberno de xeito continuo, e que non teñen outra finalidade que a de asegurar as mellores condicións aos distintos barrios da cidade

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas,
    • Seguridade
Martes, 21 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello garante a accesibilidade, o tránsito peonil e a seguridade da rúa Outono, cumprindo cunha petición veciñal

O Concello de Lugo vén de rematar as tarefas principais de mellora da accesibilidade da rúa Outono, na beirarrúa emprazada no lado sur desta vía. Tal e como lle avanzara a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aos propios veciños e veciñas da contorna de Fontiñas e San Roque, estas actuacións, enmarcadas no Plan de Barrios, contemplaron o cambio de baldosas, por unhas de máis adhrerencia, e a colocación dunha rampla. Os traballos ultimaranse coa disposición de varandas en catro tramos da rúa, así como na propia rampla.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, explicou o cometido das actuacións nesta rúa, que presenta elevadas pendentes e rexistraba un desgaste nas baldosas. Así mesmo, indicou que a actuación, cun orzamento de 5.000 euros, se completou coa disposición dunha reixa, na parte superior da rampla e escaleiras, para captar as augas de escorrentía e evitar que discorran pola beirarrúa.

Estas tarefas, que supervisaron a Alcaldesa e o Concelleiro, saldan unha demanda veciñal e son outro exemplo das peticións da cidadanía que recolle o Goberno de xeito continuo, e que non teñen outra finalidade que a de garantir as mellores condicións aos distintos barrios da cidade, facendo un Lugo con espazos máis accesibles e seguros, con máis comodidade para o tránsito peonil.

Audio

  •  Manuel Núñez, sobre a rúa Outono | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-garante-accesibilidade-o-transito-peonil-e-seguridade-da-rua-outono-cumprindo-cunha

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210818_nunez-ruaoutono.mp3